ÚLTIMAS ENTRADAS : "THANAKA" "ALDEAS DE KENGTUNG" "GRAND POPÓ I: A DANZA RITUAL"
gadgets para blogger

... As xentes do lugar comezan a saír do patio, como en procesión desordenada; pódese intuír que algo máis vai suceder, como efectivamente así ocorre. A "procesión" encamíñase cara á praia, na que unha multitude de curiosos agarda.

... Las gentes del lugar comienzan a salir del patio, como en procesión desordenada; se puede intuir que algo más va a suceder, como efectivamente así ocurre. La “procesión” se encamina hacia la playa, en la que una multitud de curiosos aguarda.

Homes e mulleres ataviados dun branco inmaculado diríxense cara á beira.

Hombres y mujeres ataviados  de un blanco inmaculado se dirigen hacia la orilla.

Comezan de novo as danzas entre rezos e balbordo. Pola forma en que todo transcorre, parecen invocar a algunha deidade das augas.

A maioría das danzantes eran mulleres adultas co torso espido.

Comienzan de nuevo las danzas entre rezos y griteríos .  Por la forma en que todo transcurre, parecen invocar a alguna deidad de las aguas.

La mayoría de las danzantes eran mujeres adultas con el torso desnudo.

De súpeto, unha muller que danza freneticamente, comeza a gritar e a axitarse con convulsións nerviosas, dando voltas como unha buxaina. A súa mirada está perdida e os seus ollos viran como intentando ocultarse.

De repente, una mujer que danza frenéticamente, comienza a gritar y a agitarse con convulsiones nerviosas, dando vueltas como una peonza. Su mirada está perdida y sus ojos giran como intentando ocultarse.

O estado de transo é un medio para comunicarse coas deidades nos sacrificios, ofrendas e danzas frenéticas, aflorando o que o home ten de divino e o que a deidade ten de humano.

El estado de trance es un medio para comunicarse con las deidades en los sacrificios, ofrendas y danzas frenéticas, aflorando lo que el hombre tiene de divino y lo que la deidad tiene de humano.
Cando unha persoa entra en transo, parece ser que esquece todo o sucedido durante o tempo que permanece nese estado. Esa experiencia sobrenatural vivida debe ser esquecida, so pena de caer nun novo estado de transo, no que a deidade podería esixirlle grandes sacrificios.

Cuando una persona entra en trance, parece ser que olvida todo lo sucedido durante el tiempo que permanece en ese estado. Esa experiencia sobrenatural vivida debe ser olvidada, so pena de caer en un nuevo estado de trance, en el que la deidad podría exigirle grandes sacrificios.
Unha muller, ante a chamada da deidade das augas, comeza a correr ao longo da praia, buscando un lugar para penetrarse no mar no medio da barafunda das xentes do lugar.

Una mujer, ante la llamada de la deidad de las aguas, comienza a correr a lo largo de la playa, buscando un lugar para adentrarse en el mar en medio del griterío de las gentes del lugar.
Sorteando as mans que intentan impedirllo, a muller lánzase as bravas ondas, de xeito firme e decidido.
Secúndaa na súa decisión unha muller, daquela outra e outra... baixo a influencia máxica da deusa das augas.

Sorteando las manos que intentan impedírselo, la mujer se lanza al bravo oleaje, de manera firme y decidida.
La secunda en su decisión una mujer, luego otra y otra... bajo la influencia mágica de la diosa de las aguas.
Flotan sen rumbo a mercé das olas, ata que os homes do lugar retiran os seus corpos do auga.


Flotan sin rumbo a merced de las olas, hasta que los hombres del lugar retiran sus cuerpos del agua.

Un ritual vibrante e cargado de emoción.


Un ritual vibrante y cargado de emoción.